24 de enero de 2012

VITAMINAS PARA O GALEGO

----mensaje original----
de: merchespino@edu.xunta.es
fecha: 22/01/2012 9:59
asunto: VITAMINAS PARA O GALEGO
 


Moi boas!! É este un correo para vós, unha trintena de compañeiros da rede que considero comprometidos coa terra, e que creo que podedes seguir tecendo redes para darlle vitaminas ao galego.

I é que os problemas da lingua galega non os pode solucionar unha soa persoa (por moito poder que teña), unha soa organización ou un só medio de comunicación. Por iso propoñemos tecer unha rede de amigos e amigas da lingua galega, construir complicidades entre persoas dispostas a apostar polo noso idioma, homes e mulleres convencidos da necesidade de VITAMINAS para a fala.

Trátase de apoiar a campaña VITAMINAS PARA O GALEGO, iniciativa impulsada polos medios de comunicación que utilizan a lingua galega que pretende sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de accións para garantir a transmisión interxeneracional do galego.


Por iso, solicitámosche que te dirixas a 30 persoas que
 coñezas (a través do correo electrónico ou das redes sociais) solicitandolle axuda para as VITAMINAS. Non se trata de que fagas spam, senón de enviar un texto similar a este a cada unha desas 30 persoas, demandandolle apoio que se pode materializar nesta páxina:

http://www.verkami.com/projects/1040-vitaminas-para-o-galego


O teu grao de area, a túa axuda é moi importante para os medios de comunicación que usan, practica, difunden e prestixian o idioma galego.


Moitas grazas
Galicia confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Novas da Galiza, Que pasa na costa, Praza pública, Osil.info, ovalminor.info, certo.gl, crónica3, terracha.xa, Radio Nordés,

--










No hay comentarios.:

Buscar este blog