31 de enero de 2012

VOLUNTARIADO SOCIAL DA FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA PARA TUTELA DE PERSOAS ADULTAS (FUNGA)



Boletín informativo 31 de Xaneiro de 2012 Nº: 140
VOLUNTARIADO SOCIAL DA FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA PARA TUTELA DE PERSOAS ADULTAS (FUNGA)
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (FUNGA) están a colaborar para poñer en marcha un programa de voluntariado social. O principal obxectivo deste programa de voluntariado será suplir a carencia afectiva e posibilitar unha mellor atención persoal a aqueles pupilos da FUNGA cuxo apoio sociofamiliar sexa moi reducido ou nulo a través da actividade de acompañamento.
Os beneficiarios directos deste programa de voluntariado serán as persoas que se atopen baixo a protección desta Fundación e que, residindo nos seus domicilios ou estando ingresados nun centro sanitario, non conten co apoio sociofamiliar preciso, constituíndo a propia comunidade o beneficiario indirecto deste programa.

Máis información aquí.

Formulario de inscrición.



No hay comentarios.:

Buscar este blog