+Galiza continúa o proceso de implantación territorial con actos en todo o PaísNa presente circular queremos facer unha pequena recompilación dos actos que o noso partido celebrou neste tempo, do mesmo xeito que dar conta das xuntanzas e actividades futuras. Todo isto co dobre obxectivo do afortalamento organizativo e da construción do novo referente político-electoral para concorrer ás vindeiras eleccións nacionais galegas.Logo da nosa constitución o día 11 de marzo como partido político, os órganos de dirección de Máis Galiza acordaron facer unha campaña de expansión e reforzamento organizativo para dar a coñer o noso proxecto. Neste sentido, ademais das xuntanzas comarcais e locais para escoller as respectivas direccións, a nosa organización está a impulsar actos de marcado carácter político abertos á cidadanía cunha notable afluencia de público. Do mesmo xeito, estamos a participar en todos os foros aos que somos convidados, con especial importancia aqueles referidos ao proceso de diálogo con outros colectivos nacionalistas e galeguistas de cara a concorrer conxuntamente ás vindeiras eleccións galegas.
Noia e Cambados
O pasado 30 de marzo ás 20.30 horas, tivo lugar a presentación de Máis Galiza no novo edificio administrativo do Espírito Santo na localidade de Noia. No acto interviron a responsable comarcal, Lola Caramés, Manuel González, como membro da Executiva Nacional de Máis Galiza e Xoán Bascuas, Secretario Xeral. Ese mesmo día á noite tivo lugar unha cea de confraternidade en Cambados coa militancia do Salnés á que acudiron preto de 80 persoas. Tomou a palabra, doutra volta, Xoán Bascuas, acompañado do Secretario Comarcal Miguel Rei e coa presenza do Secretario Xeral da MNG, Paulo Carlos López.
Lugo e 20º aniversario de Esquerda Nacionalista
O pasado día 17 de abril presentouse a nova dirección de Máis Galiza en Lugo, cun cento de persoas que ateigaron a sala. A ela acudiu Xoán Bascuas e Xosé Anxo Laxe, entre outros. Este último, responsable na comarca, afirmou que o proxecto político que está a nacer ten que facelo cun exercicio de "amnesia" para esquecer "rancores" e lograr "un magnífico resultado". Igualmente o sábado 14 tivo lugar o acto do 20º aniversario de Esquerda Nacionalista, onde Xosé Chorén afirmou que as siglas de EN quedarán "conxeladas" e a súa militancia actuará dentro de Máis Galiza.
Axenda para os próximos días
Martes, 24 de abril.18:30. Salón de Graos. Facultade de Ciencias Políticas.Mesa redonda do MEU: "Algo se move en Galiza", con Rafael Cuiña, Xoán Hermida e Martiño Nogueira.Mércores, 25 de abril.20:00. Edificio de Ferro. Aula 2.4.Asemblea territorial de +G de Ourense.Xoves, 26 de abril.20:00.Presentación pública de +G Vigo.Luns, 30 de abril.20:30.Presentación da Agrupación local de +G de Outes.
Información sobre a Comunidade Galega na Argentina. Anque, que saia neste sitio non significa que estexamos de acordo, e que só cando hai masa crítica, hai conciencia. Só con diversidade e toleráncia podense construir sociedades mai xustas e mellores. Se todos pensamos igual, ninguén pensa, mais aún si non se ten en conta as cousas de xénero.
23 de abril de 2012
BNG: proceso de implantación territorial
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)






No hay comentarios.:
Publicar un comentario